Departamento de Emprego · AEDL

Estamos aquí
para axudarte

Atendemos de luns a venres de 9:00 a 14:00 h sen necesidade de cita previa. Tamén podes escribirnos e respondemos en menos de 48 horas.

Envíanos a túa consulta

Responderemos en menos de 48 horas hábiles. Todos os campos marcados con * son obrigatorios.

Motivo da consulta *

Ofertas de traballoOrientación laboralFormación e cursosAxudas e subvenciónsEmprendemento / ViveiroPublicar oferta de traballoColaboración institucionalOutro

Servizo público e gratuíto do Concello da Estrada

Preguntas frecuentes

¿Necesito cita previa para ir á oficina?
Non. O departamento de emprego atende sen necesidade de cita previa de luns a venres de 9:00 a 14:00 h. Podes vir directamente á Praza da Constitución, s/n, 1.º andar de A Estrada.
¿En canto tempo responden os emails?
Respondemos en 24–48 horas hábiles. Para consultas urxentes, recomendamos chamar directamente ao 986 570 030 extensión 4226 en horario de atención.
¿Teño que estar empadroado/a na Estrada?
Para algúns servizos municipais específicos (axudas á creación de empresas, por exemplo) requírese empadroamento ou sede fiscal en A Estrada. Para orientación laboral xeral, ofertas de emprego e formación, o servizo é aberto a toda a comarca. Consúltanos o teu caso.
¿Cobrades polo asesoramento?
Non. Todos os servizos do departamento de emprego municipal son completamente gratuítos: orientación laboral, asesoramento a emprendedores/as, revisión de CV, información sobre axudas e subvencións, e tramitación de solicitudes.
¿Podedes xestionar a contratación pola miña empresa?
Si. As empresas poden enviarnos as súas ofertas de traballo para que as difundamos no portal e na rede de técnicos de emprego. Tamén estudiamos e xestionamos as ofertas co fin de atopar o/a traballador/a que estás a procurar, de forma gratuíta.
¿Hai acceso para persoas con mobilidade reducida?
A Casa Consistorial da Estrada dispón de acceso adaptado. Se tes dificultades de mobilidade, podes contactar con nós previamente por teléfono ou email e buscamos a mellor solución para a túa visita.